As sete provincias galegas – O Reino no mapa
10,00€ 7,00€ IVA
29,7 x 42 cm
Lámina A3 4/0t sobre estucado
O mapa amosa a última división territorial de Galicia antes da reforma administrativa de 1833. Nese ano Galicia pasou de sete a catro provincias e desapareceu o Reino de Galicia.
Máis información na descrición e na web reino.gal.
Esgotado
Descripción
Antes do decreto do 30 de novembro de 1833, o territorio galego estaba dividido en sete provincias: Santiago, A Coruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui. A reforma administrativa de 1833 marca tamén o final formal do Reino de Galicia.
A Descripción económica do Reino de Galicia que realiza Lucas Labrada permítenos coñecer os límites, extensión e características das sete provincias no 1804. Os traballos de cartografía de Parcero Oubiña sobre o Reino en 1753 complementan o soporte visual que nos ofrecen os Mapas generales de 1784. E coas cartas geométricas de Domingo Fontán (1834) obtemos o resultado da reforma liberal de 1833 dunha Galicia en catro provincias.
Trátase dun Reino de Galicia moi cambiado no tempo e moi distante do territorio delimitado no parroquial suevo. Toda unha evolución terrtorial dende o temperán século VI até o cambiante século XIX.
Este documento forma parte da colección de mapas elaborados no marco do proxecto ‘O Reino no mapa’ (reino.gal) en colaboración coa Deputación da Coruña. Trátanse de propostas iniciais susceptibles de ser ampliadas e modificadas no futuro.
Produtos relacionados
-
Mapamundi das Etimologias encomendadas por Sancha I, raíña de Galicia (1047) – O Reino no mapa
10,00€ IVA -
¡Oferta!
O comercio marítimo europeo – O Reino no mapa
10,00€7,00€ IVA -
¡Oferta!
O encastelamento do Reino – O Reino no mapa
10,00€7,00€ IVA -
Mapa Marino Sanudo Liber secretorum fidelium Crucis – O Reino no mapa
10,00€ IVA