Mapa Marino Sanudo Liber secretorum fidelium Crucis – O Reino no mapa

10,00 IVA

31,5 x 31,5 cm
Lámina sobre estucado

Aproveitando o lanzamento do proxecto ‘O Reino no mapa’, poñemos á vosa disposición este mapamundi que elaborou o xenovés Pietro Vesconte no século XIV. Galitia é o nome empregado para designar a zona norte da Península Ibérica.

Máis información na descrición e na web reino.gal.

2 dispoñibles

Descripción

O mapamundi forma parte dun conxunto que realiza o cartógrafo xenovés Pietro Vesconte para complementar a obra Liber secretorum fidelium crucis (“Libro dos Secretos dos Fieis da Cruz”), autoría do veneciano Marino Sanudo O Vello entre 1306 e 1320. O deseño é o dunha carta marina portulana das costas de Europa e do norte de África. Unha vez máis, co mapa orientado cara ao Leste, localizamos a Península Ibérica na sección máis inferior, onde é Galitia o nome empregado para designar a zona norte peninsular.