Mazarelos 10 dixital

7,00 IVA

Revista de historia e cultura – abril 2023
formato dixital
74 páxinas
ISSN 2695-6276
Depósito Legal: C 2410-2019

Chegou a dobre cifra a Mazarelos. Un número 10 con novos contidos e enfoques para reflexionar sobre a nosa realidade máis próxima. Arranca Sara falando sobre a recuperación do patrimonio inmaterial: cancioneiros, conversas e sobre todo moita memoria para achegarnos ás vivencias contadas polos seus protagonistas. Continúan Alba e Jorge partindo do significado que contén o monumento de Pailós en Santiago de Compostela, tanto o que se ve como o que non. Marco encargouse de afondar nos diferentes significados e implicacións do concepto de liberdade desde a época clásica ata a actualidade. A conversa chegou da man de Charo e Brais coa fotografía e o xornalismo como principais elementos de análise. Pecha este número Daniel, presidente da Agrupación Instrutiva de Caamouco, abríndonos as portas non só á actualidade senón á historia centenaria que conservan, comparten e adaptan nun traballo transxeracional e plural.

Descripción

Na procura do Patrimonio Inmaterial: identidade e creación colectivaSara Fraga Pérez
A historiadora e xestora cultural explícanos a importancia do patrimonio inmaterial a través das experiencias coas que colaborou na comarca das Mariñas. Como o podemos tratar e que podemos achegar desde os nosos días?

O monumento de Manuel Pailós no espazo público compostelánJorge Viz González e Alba Rivas Regal
Coñecemos o Monumento que este artista, emigrado en Uruguai desde novo, erixiu no campus norte da Universidade de Santiago de Compostela. Cales foron os seus alicerces conceptuais e cal é a relación da obra coa reordenación da avenida de Xoán XXIII?

Xénese socio-institucional da liberdade negativa e desprazamento da liberdade republicanaMarco Antonio Álvarez Sánchez
Afondamos nos diferentes significados e implicacións do concepto de liberdade desde a época clásica ata a actualidade. O autor introdúcenos nos termos de liberdade positiva, liberdade negativa e liberdade republicana.

Como se representa o fascismo na eso? Un estudo de caso en Cospeito Diego García Couso
A escola non é o único lugar onde adquirimos aprendizaxes. Neste artigo presentamos as representacións dos fascismos dun grupo de estudantes de 4º de ESO antes de abordar este tema na aula.

“Fai falta educación na imaxe, na súa importancia e na relevancia do xornalismo”. Entrevista a Charo Lopes e Brais LorenzoDavid Miguel Rodríguez Martínez e Brais Ferreiro Ares
Falamos con dúas persoas que pertencen ao mundo do fotoxornalisto e traballan nel desde ópticas e espazos diferentes. Debate, complicidade e crítica nesta conversa que tivo lugar no céntrico Café de Macondo da Coruña.

Agrupación Instrutiva de Caamouco: de escola indiana a motor cultural da parroquiada parroquiaDaniel García Fernández
Pechamos este número 10 en Caamouco (Ares) coa súa centenaria Agrupación Instrutiva. Historia e actualidade mestúranse nun artigo elaborado polo seu presidente e no que se constata a enorme pegada na comunidade deste proxecto.