¡Oferta!

Mazarelos 11

O prezo orixinal era: 9,00€.O prezo actual é: 5,00€. IVA

Revista de historia e cultura – setembro 2023
formato físico
74 páxinas
ISSN 2695-6276
Depósito Legal: C 2410-2019

Chega en setembro o número 11 de Mazarelos con novas perspectivas e temáticas. Arranca o número Miguel cunha reflexión sobre a supervivencia das linguas indíxenas mexicanas a través do caso do p’urépecha. Continúa Santiago falando sobre a música galega ao outro lado do Atlántico nas grandes migracións ás Américas, as súas pervivencias e a súa prosperidade. Logo Arturo reflexiona sobre a Transición e os diferentes discursos que adoptou e continúa a adoptar, en ocasións polarizados e pouco críticos. A entrevista no Bar Recantos foi protagonizada por Olalla e Rebeca, que nos falaron sobre o proxecto PollutedPast, a historia medioambiental, a multidisciplinariedade na arqueoloxía e a situación laboral das mulleres na investigación. Pecha o número a Asociación Cultural Alexandre Bóveda coa súa historia, as súas actividades actuais e as perspectivas de futuro. Coa capa de Aroa Outón.

Envíos dos exemplares físicos a partir do 6 de outubro. Se mercas esta opción podes desfrutar mentres da versión verxión dixital na hemeroteca en liña.

Esgotado

Descripción

Como sobreviviron as linguas indíxenas de México? Apuntamentos sobre o p’urépechaDavid Miguel Rodríguez Martínez
A conquista do territorio mexicano no século XIV tratou de exterminar os elementos autóctonos, pero as resistencias e hibridacións culturais permitiron certas supervivencias. Miguel fai un breve repaso do caso purépecha, lingua que na actualidade conserva máis de 100 mil falantes e que representa un dos exemplos da súa pluralidade cultural.

A preservación dunha nación alén do mar: música e identidade galega nas AméricasSantiago Guerra Fernández
Santiago neste traballo buscou analizar o significado da música nacida no seo das sociedades americanas para o desenvolvemento da identidade galega moderna, así como investigar a mestizaxe que se produciu con outras tradicións musicais.

De camelias, mocións e emocións. Memoria e relato da transiciónArturo Real López
Ao longo dos anos existiron diferentes interpretacións sobre a transición, abrindo o debate de se é un discurso crítico e imparcial ou polarizado e oportunista. Arturo trae algunhas reflexións sobre esta cuestión, así como a súa conexión co presente.

Os pastos mistos. O derradeiro vestixio do Couto Misto Serxio María Rodríguez Álvarez
Que foron os pastos mistos? Que implicacións tivo a desaparición do Couto Misto como suxeito político? Serxio aborda dende a tradición agrícola e a economía doméstica as formas de explotación históricas da zona. O que foi, como foi e o que puido ser.

“Cando barallamos sobre o futuro cústanos pensar como afectaron ás persoas os cambios climáticos”. Entrevista a Olalla López Costas e Rebeca Tallón Armada Brais Ferreiro Ares e Miguel Rodríguez Martínez
Nesta conversa, desde o compostelán Bar Recantos, falamos sobre o proxecto PollutedPast, a situación laboral e a presencia feminina no eido da investigación arqueolóxica, a historia medioambiental, a metodoloxía transdisciplinar e moito máis.

Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Medio século defendendo a cultura e os sinais nacionais do pobo galego  María Xosé Bravo e Xosé Manoel Sánchez Rei
Pechamos este número 11 cunha asociación nacida no tardofranquismo cunha longa traxectoria e evolución na difusión cultural galega. María Xosé e  Xosé Manoel fálannos dos proxectos actuais da asociación e das perspectivas de futuro.