Mazarelos 12 dixital

7,00 IVA

Mazarelos 12
Revista de historia e cultura – decembro 2023

formato físico
74 páxinas
ISSN 2695-6276
Depósito Legal: C 2410-2019

Arranca Rafael Quintía cos mitos dos secuestradores de nenos na cultura galega. Continúa Francisco Bermúdez e a súa visión da transmisión da música tradicional galega, convidándonos a repensar o modelo. Segue Laura Rodríguez cun artigo que pivota arredor da aristócrata Ilduara Eriz poñendo o foco sobre os espazos que ocuparon as mulleres na Idade Media. Logo Luis Bermúdez achéganos ao escultor barroco Francisco Rodríguez Gómez a través dalgúns exemplos de obras que desenvolveu na comarca de Bergantiños. A entrevista deste número está protagonizada por Zósimo López (USC) e Íñigo Sánchez-Fuarros (CSIC), unha conversa sobre a verbena e as festas desde o punto de vista material e inmaterial. Pecha o número Alexandre Varela coa Asociación Cultural O Carballo de Taboada, desde o seu nacemento ata os nosos días. A capa é de Blanca Vila.

Descripción

Mazarelos 12

Sacauntos e chupasangues. Os mitos dos secuestradores de nenos na cultura galega – Rafael Quintía Pereira
Que hai de real e que hai de ficticio nos mitos? Rafael achéganos a multitude de figuras lendarias e sucesos reais relacionados cos ladróns de nenas e nenos. O texto, cunha linguaxe directa e que non deixa nada no tinteiro, atrapará a lectora.

Transmisión da música tradicional. Unha achega crítica desde a teoría do coñecemento – Francisco Bermúdez
Como recibimos o que hoxe sabemos sobre a música tradicional galega e como llo estamos presentando ás futuras xeracións? Francisco observou limitacións no proceso e nos resultados desta transmisión e compárteas connosco neste texto.

Espazos ocupados e percibidos. O caso de Ilduara Eriz e das nobres altomedievais – Laura Rodríguez Rodríguez
Que espazos ocuparon as mulleres no medievo? Laura pon o foco nesta cuestión con este artigo que pivota arredor da aristócrata Ilduara Eriz (ss. IX e X) e das nobres altomedievais para poder reler o pasado do Reino de Galiza con perspectiva de xénero.

Da Terra de Montes á comarca bergantiñá. Unhas notas sobre o escultor Francisco Rodríguez Gómez – Luis Bermúdez Fernández
Coñecías este escultor barroco? Luis achéganos á figura deste noiés que desenvolveu a súa obra na comarca de Bergantiños. Para iso fálanos de obras como os retablos maiores de Oza (Carballo) ou Barizo (Malpica de Bergantiños).

“Os integrantes do ecosistema verbeneiro teñen pouca conciencia da súa importancia na dinamización do rural”. Conversa con Íñigo Sánchez-Fuarros e Zósimo López – Brais Ferreiro Ares e David Miguel Rodríguez Martínez
Algunha vez reflexionaches sobre o valor patrimonial das nosas festas e verbenas? Falamos disto con Zósimo e Íñigo. O primeiro é un dos comisarios da exposición “Botamos un baile?” (Cidade da Cultura) e o segundo é o investigador principal do proxecto PALCOS.

Asociación Cultural O Carballo. Orixe e metamorfose dunha iniciativa cultural nun concello rural – Alexandre Varela Rubín
Escoitaras falar da AC O Carballo? Alexandre Varela, membro dela e expresidente da súa Xunta Directiva, fálanos da historia da asociación, fundada no 1985, e as transformacións que experimentou ata ser o que é na actualidade.