Mazarelos 4 dixital

7,00 IVA

Revista de historia e cultura – Xaneiro-xuño 2021
formato dixital consultable en liña
84 páxinas
ISSN 2695-6276
Depósito Legal: C 2410-2019

Dende as familias galegas emigradas ao Brasil até a reivindicación da música autoproducida actual, pasando por unha conversa sobre memoria oral e xénero con Ana Cabana e Alba Díaz. Todo isto e máis neste novo número de Mazarelos, coa capa da ilustradora Lidia Cao.

Descripción

Editorial

“No queda nación que aquí no venga”. Unha ollada á Galicia medieval dende a outra beira do Atlántico – Simon Doubleday

Se o mar tivese varandas… Os galegos do Brasil: tres historias de vida – David Fontán Bestilleiro

Mulleres e sindicalismo na Galicia da Restauración (1874-1923) – Arturo Real López

Álvaro Cunqueiro e Manuel Fraga na ‘diplomacia céltica’ do desarrollismo (1961-69) – Carlos Calvo Varela

As novas voces da música en galego: DIY, precariedades e autoxestión – Marina González Estévez

Somos o que comemos? Industria cárnica, superporcos e identidade en Okja, de Bong Joonho – Teresa Moreno Olmeda

Conversa con Ana Cabana Iglesia e Alba Díaz Geada 

Obaixoulla.gal. Asociacionismo, patrimonio e cultura do software libre – Lucía Santiago Sanmiguel e Alberto Permuy Leal