Mazarelos 8
9,00€ O prezo orixinal era: 9,00€.5,00€O prezo actual é: 5,00€. IVA
Revista de historia e cultura – Setembro 2022
formato físico
78 páxinas
ISSN 2695-6276
Depósito Legal: C 2410-2019
O número arranca no estudio de Antonio Murado, entre tubos e botes de pintura. Segue cunha reflexión sobre os irmandiños, e tamén coa relixiosidade popular e o clero en Galicia. Preséntasenos a Atenea como a primeira imaxe do Museo Provincial de Lugo e mesmo chegamos á presenza de Galicia en Xapón no eido musical. Todo pechado cunha conversa entre Arantza Portabales e Diego Giráldez: a inspiración, as implicacións de publicar unha obra ou a transición do papel ao dixital. Pecha Espazo Brétema co propósito de crear unha rede de artistas galegas. E todo encabezado por Iria Ribadomar coa lámina “Jaliñeiro de Elena”.
Descripción
Editorial
Antonio Murado: un artista do século XX – Clara Reigosa Lombao
Unha reportaxe a Antonio Murado no seu estudo en Nova Jersey. O mercado da arte, os museos, o traballo de artista, a inspiración e moito máis nunha profunda reflexión do artista lucense.
Revolución, revolta ou rebelión irmandiña? Hipótese sobre a terminoloxía e metas deste fenómeno xusticieiro – Roberto Fernández Gondar
Un proceso ben coñecido por todos, pero que difire nas formas de referirse a el. Roberto reflexiona sobre este acontecemento sobre a forma de referirse ao mesmo. Revolución? Revolta? Rebelión? Que é o máis adecuado?
No ollo do bispo está o pecado. A relixiosidade popular e o clero na Galicia dos tempos da reforma – Mario Sixto Puente
Mario apunta a preocupación coa que se observaba a extensión do pecado polo territorio galego neste tempo. Figuras como a do bispo Frei Antonio de Guevara, o papel dos frades e dos leigos e moito máis para comprender a Reforma en Galicia.
A deusa Atenea. Primeira imaxe do Museo Provincial de Lugo – Aurelia Balseiro García
Cal foi a imaxe inicial seleccionada para o Museo de Lugo en 1932? A deidora da sabedoría, das artes e da artesanía, protagonista do artigo de Aurelia.
Galicia en Xapón. Foglio I: música para clavicémbalo do século XX – Roberto Oliveira-Ogando
A conexión entre o compositor galego Enrique X. Macías e a artista Michiyo Honma, resoltas neste texto. Roberto achéganos as interpretacións sobre o Foglio I como exemplo dunha composición de autoría galega no territorio asiático.
“Criámonos sobre o branco e negro do papel” Conversa con Arantza Portabales e Diego Giráldez – Lucas Sánchez Taboada e Miguel Rodríguez Martínez
Nunha calorosa tarde pontevedresa, Arantza e Diego conversan sobre o que sinten cando ve a luz algo tan persoal como é unha novela. Sobre a súa forma de comezar unha obra, todo o que rodea a súa publicación, os clubes de lectura, a profesionalización do sector e moito máis nesta entretida e reveladora parola.
Espazo Brétema: arte e cultura. Unha asociación para a catalogación da arte galega – Equipo de Espazo Brétema
O nacemento dunha asociación para establecer unha rede de contacto entre artistas galegas. As súas fundadoras coméntannos os seus obxectivos, de onde vén e cara onde vai esta iniciativa.