¡Oferta!

Mazarelos 9

O prezo orixinal era: 9,00€.O prezo actual é: 7,00€. IVA

Revista de historia e cultura – Decembro 2022
formato físico
84 páxinas
ISSN 2695-6276
Depósito Legal: C 2410-2019

Memoria, comunicación, arte, literatura e historia no noso noveno número. Arranca Caroline achegándonos á súa experiencia no eido da comunicación do proxecto ReSEED da Universidade de Coimbra. Segue Iria cunha análise dunhas ilustracións moi presentes no imaxinario da nosa sociedade: os carteis do Estatuto de Castelao e Díaz Baliño. Pasamos ao estudo iconográfico en detalle da catedral de Lugo que nos trae Marcos. Mergullámonos na historia ourensá, primeiro con Carlos cos proxectos de reforma provincial de 1822 e 1833 e logo con Mateo e a súa análise microhistórica dunha sociedade agraria socialista na Veiga. Marcos conversa con Cunqueiro a través da súa obra do Santo Gonzalo, e por último Conchi e Antonio analizan os obstáculos e a súa experiencia na investigación da violencia franquista, nas exhumacións e na memoria histórica no contexto galego. Coa capa de Julia Lago.

Descripción

Editorial

Comunicação: compromisso e prática na ciência. A experiência do projeto de investigaçao ReSEED – Caroline Delmazo
Caroline Delmazo dá comezo ao número cunha reflexión sobre a súa experiencia no proxecto de investigación ReSEED, adicado a examinar os cambios na agricultura, no medioambiente e o impacto social entre 1750 e 1950: a comunicación, o papel activo nas redes sociais e a relación estreita entre Galicia e Portugal son algúns dos temas que a xornalista destaca.

Agora ou nunca. O cartel do estatuto de Castelao – Iria Friné Rivera Vázquez
Mergullámonos no mundo da cartelaría para analizar a complexidade gráfica e conceptual das propostas de Castelao e Díaz Valiño en canto ás temáticas, aos elementos da composición e a moitos detalles máis.

A iconografía de San Xoán Bautista na Santa Igrexa Catedral Basílica de Santa María de Lugo – Marcos Gerardo Calles Lombao
Accedemos á Catedral de Lugo para facer unha análise iconográfica pormenorizada dos seus elementos, destacando unha figura de San Xoán Bautista cargada de influencias, vinculacións e moito por contar.

Os proxectos de reforma provincial de 1822 e 1833. 200 anos da primeira provincia de Ourense –  Carlos Lozano González
Cal foi o primeiro intento oficial do réxime constitucional de rachar o antigo Reino de Galicia? Como transicionou a provincia de Ourense entre 1822 e 1833? Carlos achéganos os trocos administrativos e variacións nos marcos provinciais.

A Rusia pequena. Microhistoria dunha agraria socialista no Ribeiro –  Mateo Martínez Torres
O agrarismo e o asociacionismo xogaron un papel fundamental nas iniciativas inmersas nun marco parroquial na provincia de Ourense. Nesta ocasión, Mateo tráenos á Sociedad Agraria de la Veiga para analizar a súa evolución nos anos da República e a súa implicación política e social ata o golpe fascista.

San Gonzalo, de Álvaro Cunqueiro. O xogo do real, o santo e o mítico nunha haxiografía galega –  Marcos Filgueiras Allegue 
Que nos quere contar Cunqueiro a través de Gonzalo Arias, protagonista do San Gonzalo? Marcos disecciona esta publicación para estudar os diferentes elementos de autor e obra, cunha presenza protagonista da relixiosidade e da crenza.

“Os verdugos levan poñendo trampas moitas décadas para borrar a evidencia do seu crime”. Entrevista a Conchi López e Antonio Míguez – David Miguel Rodríguez Martínez e Brais Ferreiro Ares
Na Facultade de Xeografía e Historia Conchi López e Antonio Míguez reflexionan sobre os diferentes obstáculos que atopan na localización, exhumación e identificación de vítimas. O traballo transdisciplinar, o papel da colaboración veciñal e a violencia golpista son algúns dos elementos que aparecen na conversa.