¡Oferta!

Mulleres na lírica medieval – O Reino no mapa

7,00 IVA

29,7 x 42 cm
Lámina A3 4/0t sobre estucado

Neste mapa amosamos os lugares mencionados nos versos das cantigas de amigo de santuario. Así ollamos o Reino de Galicia desde unha perspectiva cultural e constatamos espazos públicos con importante presenza feminina.

Máis información na descrición e na web reino.gal.

Esgotado

Descripción

A poesía trobadoresca galego-portuguesa desenvolveuse en ámbitos señoriais co obxectivo do divertimento desa elite social. A través das cantigas podemos ollar máis aló do político-administrativo para coñecer a historia do Reino de Galicia dende o sociocultural e a relixiosidade.

Seguimos a liña da investigadora Esther Corral, que nos seus traballos recolle e analiza a presenza e a imaxe transmitida das mulleres nas cantigas, combinando os estudos de peregrinaxe, trobadorismo e de historia das mulleres. Neste caso escollimos a tipoloxía de cantigas de amigo, na súa vertente máis xeográfica como son as de santuario. Mediante as distintas cantigas de santuario fomos localizando puntos no mapa até conformar unha rede non homoxénea de lugares mencionados nos versos, permitíndonos poñer sobre o mapa, asemade, espazos públicos con constatada presenza feminina.

Deste xeito, e a través da voz poética das mulleres, achegámonos á historia medieval de Galicia dende unha perspectiva menos política e máis cultural.

Este documento forma parte da colección de mapas elaborados no marco do proxecto ‘O Reino no mapa’ (reino.gal) en colaboración coa Deputación da Coruña. Trátanse de propostas iniciais susceptibles de ser ampliadas e modificadas no futuro.