¡Oferta!

Nobres galegas en desprazamento – O Reino no mapa

O prezo orixinal era: 10,00€.O prezo actual é: 7,00€. IVA

29,7 x 42 cm
Lámina A3 4/0t sobre estucado

Fronte aos tópicos, as mulleres nobres desprazábanse por motivos matrimoniais, relixiosos ou administrativos. No mapa amosamos só algúns exemplos que ademais confirman a relevancia de Galicia nas relacións diplomáticas con Castela e Portugal.

Máis información na descrición e na web reino.gal.

Esgotado

Descripción

A imaxe da dama atrapada nunha torre é un tópico recorrente ao referirnos á nobreza medieval. Non obstante, as mulleres nobres desprazábanse, xa fora por motivos matrimoniais, relixiosos ou administrativos. E se desprazaron vivas e mortas, acompañadas de vivas.

Seguimos o traballo do investigador Miguel García Fernández, que puxo de manifesto a itinerancia feminina como unha práctica máis que habitual, demostrándoo a partir de documentación procedente das institucións relixiosas, de arquivos nobiliarios ou estudos de liñaxes. Para este mapa realizouse unha pequena escolma de nomes de mulleres que por diferentes motivacións mudaron de localización, tanto no propio reino como ao longo da península.

Ter isto presente permítenos rachar tópicos e saber das redes tecidas entre casas señoriais galegas e mosteiros, e amosar a relevancia de Galicia nas relacións diplomáticas coa coroa de Castela e a de Portugal.

Este documento forma parte da colección de mapas elaborados no marco do proxecto ‘O Reino no mapa’ (reino.gal) en colaboración coa Deputación da Coruña. Trátanse de propostas iniciais susceptibles de ser ampliadas e modificadas no futuro.