¡Oferta!

O comercio marítimo europeo – O Reino no mapa

O prezo orixinal era: 10,00€.O prezo actual é: 7,00€. IVA

29,7 x 42 cm
Lámina A3 4/0t sobre estucado

O Reino de Galicia desenvolveu un papel central no comercio internacional. No mapa amosamos os principais tipos de produtos importados ou exportados a través das rutas comerciais marítimas que seguiron.

Máis información na descrición e na web reino.gal.

5 dispoñibles

Descripción

Documentos históricos como o Territorium Salinense de Martín Sarmiento documentan a presenza de peixe galego salgado no mediterráneo en 1380. Situar a Galicia nas rutas de cabotaxe europeas permítenos coñecer non só o comportamento económico-mercantil do Reino e a súa centralidade internacional, senón tamén dar conta da evolución urbana da súa costa.

Traballos como os de Elisa Ferreira, serviron como base metodolóxica e documental para a realización deste mapa.

Ampliamos a escala para colocar Galicia centrada no eixo occidental de Europa, describindo  as principais importacións e exportacións do fenómeno comercial marítimo galego, así como os seus portos de saída adheridos a unha rede comercial que chega a Inglaterra, Frandes ou Sicilia.

Este documento forma parte da colección de mapas elaborados no marco do proxecto ‘O Reino no mapa’ (reino.gal) en colaboración coa Deputación da Coruña. Trátanse de propostas iniciais susceptibles de ser ampliadas e modificadas no futuro.