¡Oferta!

O encastelamento do Reino – O Reino no mapa

O prezo orixinal era: 10,00€.O prezo actual é: 7,00€. IVA

29,7 x 42 cm
Lámina A3 4/0t sobre estucado

No mapa amosamos 79 fortificacións entre torres e castelos construídas entre os séculos XI e XV. Trátase do momento histórico no cal a nobreza galega gozaba dun maior poder sobre o territorio.

Máis información na descrición e na web reino.gal.

3 dispoñibles

Descripción

Entre os séculos VIII-XIII, o territorio galego comezou a poboarse de castelos. Neste proceso construíronse unha serie de fortificacións con funcións defensivas: torres e castelos. Ao longo dos séculos, estas estruturas adquiriron novos labores vinculados á imaxe e mostra do poder señorial. Un feito ben representativo disto foi a Revolta Irmandiña, cuxa destrución e a posterior orde dos Reis Católicos representou o tránsito da Idade Media á Moderna. A nobreza deixa o castelo e instálase no pazo.

O historiador Carlos Lixó recolleu na súa tese de doutoramento o xurdimento dos castelos galegos medievais. Seguindo os seus apuntamentos, esta proposta trata de reseñar o momento histórico no que a nobreza galega gozaba dun poder sobre o territorio.

Neste mapa represéntase este proceso de encastelamento entre os séculos XI e o XV, cunha escolma de 79 fortificacións diferenciadas entre torres e castelos. Unha nova configuración feudal que deixou patrimonio material que perviviu por séculos.

Este documento forma parte da colección de mapas elaborados no marco do proxecto ‘O Reino no mapa’ (reino.gal) en colaboración coa Deputación da Coruña. Trátanse de propostas iniciais susceptibles de ser ampliadas e modificadas no futuro.