¡Oferta!

O monacato no reino – o Reino no mapa

O prezo orixinal era: 10,00€.O prezo actual é: 7,00€. IVA

29,7 x 42 cm
Lámina A3 4/0t sobre estucado

Mostramos as principais fundacións monásticas que ocuparon o Reino de Galicia. Así comprendemos mellor o seu proceso de cristianización, con grandes implicacións políticas: a ordenación territorial foi determinada por parroquias e a produción agraria e o comercio eran organizadas en moitas zonas polos mosteiros.

Máis información na descrición e na web reino.gal.

5 dispoñibles

Descripción

Da man das reformas políticas e administrativas, o territorio galego cristianizouse coa chegada dos suevos, extendéndose primeiro os eremitorios (Prisciliano, Martiño de Dumio) e, deseguido, os cenobios. Deste primeiro monacato confrontaranse dúas ordes: a regra beneditina (s. X) e a cisterciense (XII). A expansión da rede monacal por Galicia e as diferentes ordes servénnos para entender o proceso de cristianización do territorio e os tecidos de influencia e poder entre o relixioso e o civil.

Tomando como referencia principal a investigación de Xosé Miguel Andrade, reconstruímos sobre o mapa as diferentes fundacións monásticas que ocuparon o Reino de Galicia. Deste xeito, vemos unha heteroxeneidade ao longo do territorio en canto ás ordes fundacionais e ás comunidades segundo foran femininas, masculinas ou mixtas.

A importancia e a influencia da Igrexa foi fundamental no desenvolvemento político e económico do Reino: a ordenación territorial foi determinada por parroquias e a produción agraria e o comercio eran organizadas en moitas zonas polos mosteiros.

Este documento forma parte da colección de mapas elaborados no marco do proxecto ‘O Reino no mapa’ (reino.gal) en colaboración coa Deputación da Coruña. Trátanse de propostas iniciais susceptibles de ser ampliadas e modificadas no futuro.