O Parroquial Suevo – O Reino no mapa
10,00€ O prezo orixinal era: 10,00€.7,00€O prezo actual é: 7,00€. IVA
29,7 x 42 cm
Lámina A3 4/0t sobre estucado
O Parroquiale Suevum é un documento histórico no que se recolleu a organización territorial do reino suevo. Esta fonte serve como punto de partida para coñecer o artellamento do poder eclesiástico no territorio galaico de comezos da Idade Media.
Máis información na descrición e na web reino.gal.
Esgotado
Descripción
O Parroquiale Suevum é un documento histórico no que se recolleu a organización territorial do reino suevo. Esta fonte serve como punto de partida para coñecer o artellamento do poder eclesiástico no territorio galaico de comezos da Idade Media.
O parroquial é un material controvertido e en constante revisión na comprensión e contextualización da súa información debido ás múltiples copias que circularon e a interesadas modificacións. Para este mapa tomamos de referencia traballos como o de Jorge López Quiroga ou Jose Carlos Sánchez Pardo. Necesariamente tivemos que representar límites difusos, xa que son interpretacións actuais, suxeitas a múltiples modificacións.
Este mapa pretende achegarnos ao modelo territorial suevo para, partindo desta organización pasada, poñer cimentos para comprender o Reino Medieval de Galicia. 13 dioceses, 133 parroquias recoñecidas pese a toda unha toponomia perdida na historia, e unha articulación do poder para mergullarnos noutro tempo.
Este documento forma parte da colección de mapas elaborados no marco do proxecto ‘O Reino no mapa’ (reino.gal) en colaboración coa Deputación da Coruña. Trátanse de propostas iniciais susceptibles de ser ampliadas e modificadas no futuro.
Produtos relacionados
-
¡Oferta!
Nobres galegas en desprazamento – O Reino no mapa
10,00€O prezo orixinal era: 10,00€.7,00€O prezo actual é: 7,00€. IVA -
¡Oferta!
O comercio marítimo europeo – O Reino no mapa
10,00€O prezo orixinal era: 10,00€.7,00€O prezo actual é: 7,00€. IVA -
¡Oferta!
O monacato no reino – o Reino no mapa
10,00€O prezo orixinal era: 10,00€.7,00€O prezo actual é: 7,00€. IVA -
Mapamundi das Etimologias encomendadas por Sancha I, raíña de Galicia (1047) – O Reino no mapa
10,00€ IVA