¡Oferta!

Produción e comercio do viño – O Reino no mapa

O prezo orixinal era: 10,00€.O prezo actual é: 7,00€. IVA

29,7 x 42 cm
Lámina A3 4/0t sobre estucado

As zonas de produción vitivinícola medievais e actuais coinciden. É o que se amosa no mapa, ademais das principais liñas de exportación do produto cara ao norte de España e a Europa Atlántica.

Máis información na descrición e na web reino.gal.

1 dispoñibles

Descripción

No século XII, pola porta de Mazarelos entraban en Santiago os viños de Ribeiro e Ulla. No XV, entre 60 e 230 toneis de viño galego navegaban cara a Southampton. Onde se producía e a onde ía é o que representa este mapa, co obxectivo de reseñar a importancia da produción vitícola galega no medievo.

A través desta proposta cartográfica ilústranse as principais áreas de cultivo, cunha extensión necesariamente estimada, e as liñas de exportación dende os principais portos galegos cara ao norte de España e a Europa Atlántica (Inglaterra, Frandes etc.). Utilizamos para a súa elaboración parte da gran produción historiográfica galega sobre o cultivo da vide e o seu comercio.

Ollando deste xeito podemos observar como as zonas de elaboración doutrora coinciden coas de agora, e xa dende a Idade Media eramos un núcleo de exportación de referencia.

Este documento forma parte da colección de mapas elaborados no marco do proxecto ‘O Reino no mapa’ (reino.gal) en colaboración coa Deputación da Coruña. Trátanse de propostas iniciais susceptibles de ser ampliadas e modificadas no futuro.