Mazarelos 7
9,00€ O prezo orixinal era: 9,00€.5,00€O prezo actual é: 5,00€. IVA
Revista de historia e cultura – Febreiro-xuño 2022
formato físico
88 páxinas
ISSN 2695-6276
Depósito Legal: C 2410-2019
Introducímonos no fútbol galego analizándoo dende unha perspectiva británica e, despois, vemos os seus comezos nas fotos dun home que precisamente miraba cara as illas. Traemos a moda europea e unha reflexión arredor da presenza dos monumentos no espazo público. Tamén reflexión sobre o político: os movementos de Fraga nos oitenta e propostas actuais que miran ao futuro sustentable. Na conversa tratamos futuro e pasado do cinema galego con Margarita Ledo e Marta Pérez Pereiro e a asociación Segredos de Pantón fálanos sobre unha iniciativa de dinamización. Con capa de Julia González Yánez.
Descripción
Editorial
O fútbol galego: unha perspectiva británica – Matt McGinn
Nos campos de fútbol galegos escóitanse dúas linguas. Matt investiga para a súa tese de doutoramento a relación entre a identidade galega e o fútbol nos anos 90. Neste artigo preséntanos a súa experiencia viaxando polos campos e as bancadas galegas.
Joaquín Pérez Domínguez. Medio século nun arquivo fotográfico familiar – Roque Sanfiz Arias
Unha caixa de fotos antigas conta vidas enteiras, camiños de ida e de volta. Joaquín Pérez Domínguez foi unha figura singular pero común na Galicia da primeira metade do século XX. Fillo de emigrantes retornados, estudou na universidade, promoveu o deporte na súa vila e volveu a Cuba. Seguimos a súa vida a través das fotografías que conservou a familia.
A Tiara Valquiria. A cultura europea como inspiración – Iria-Friné Rivera Vázquez
A moda tivo unha revolución nos comezos do século XX. As pezas adaptáronse a novos estilos, mantendo inspiracións clásicas. Iria Friné fálanos neste artigo da Tiara Valquiria, unha peza de artesanía que fixo rexurdir un tipo de xoia adaptada ao Art Déco.
Manuel Fraga como dirigente da Internacional Conservadora (1980-86) – Carlos Calvo Varela
Manuel Fraga centrou parte dos seus esforzos nos anos 80 en aliñarse coa Internacional Conservadora. As súas xuntanzas con Ronald Reagan ou Margaret Thatcher querían sincronizar unha ofensiva ideolóxica da dereita. Os intereses de Fraga e a súa implicación son analizados nesta peza de Carlos.
A lóxica do monumento. O esvaecemento do pedestal – Jorge Viz González
Un monumento é unha mostra de poder, unha materialización dun dominio político sobre o espazo. Unha forma para crear identidade a través da paisaxe urbana. Jorge analiza o protagonismo e a función dos monumentos nas cidades durante o século XX.
Diálogos pendentes na crise ecosocial. Unha proposta de abordaxe integrando ensinanza e acción rural – David García Romero e Diego Salido Herba
As ciencias sociais teñen unha responsabilidade nas ideoloxías que sustentan a maneira de vivir dos países ricos, que pon en grave perigo os ecosistemas do planeta. No artigo faise unha proposta para aproveitar o coñecemento comunitario na construción de sustentabilidade e a súa posible integración co ensino.
“Cando o ferro está quente hai que bater nel” Conversa con Margarita Ledo e Marta Pérez Pereiro – Miguel Rodríguez Martínez e Roque Sanfiz Arias
Conversamos con Margarita Ledo e Marta Pérez Pereiro sobre a situación do cinema galego. Falamos sobre a historia no cine, do seu intento de recompilación da historia do cinema en lingua galega, dos problemas e potencialidades da industria e da súa presenza nas pantallas.
Da ribeira, da montaña e do val: Segredos de Pantón – Lucas Vázquez
Moitas iniciativas por todo o país buscan crear comunidade e poñer en valor o patrimonio. Na Mazarelos 7 escribe a asociación Segredos de Pantón, unha destacada iniciativa de dinamización social e cultural a través da movilización da veciñanza e da divulgación en redes sociais.
Información adicional
Peso | 360 g |
---|---|
Dimensións | 21 × 29,7 cm |